Iclas - Instituto de Culturas Lusófonas
Antonio Borges Sampaio


18-07-2022

“As Farpas”, nome metafórico, dado com o sentido e intenção de “espicaçar a sociedade”, foram edições mensais, publicadas entre 1871 e 1882, numa revista fundada por Ramalho Ortigão e Eça de Queirós,


Grabado de la ciudad coruñesa datado en 1792. Es obra de Ximeno

Escrito por CARLOTA ÁLVAREZ

As cidades da Coruña e Ferrol viron como a súa poboación se multiplicaba no século XVIII, chegando a converterse no 1787 na provincia na máis poboada de España, tendo en conta o censo de Floridablanca. Este posto chama a atención, aínda máis tendo en conta que na actualidade a provincia galega ocupa o posto 37 da lista.

O dato vén motivado pola reportaxe Conoce cuántas personas vivían en tu provincia hace 200 años publicado en El Debate e elaborado por José Ramon Pérez. Nel, recóllese como na Coruña vivía o 4,09% da poboación no 1787, un dato superior ao de provincias como Valencia ou Asturias, que cun 3,87% e 3,38% ocupaban o segundo e terceiro posto respectivamente. Comparando estes datos cos correspondentes ao censo do 2021, A Coruña perdeu 1,73 puntos. En 200 anos, a demografía variou de maneira moi notable, creando un mapa diferente ao do século XVIII.

Pero a pregunta detrás dos datos é por que A Coruña era o lugar con máis poboación. Primeiro, débese ter en conta o que hoxe consideramos como provincia da Coruña no seu momento só albergaba a cidade herculina. Galicia estaba dividida en sete provincias, mais no artigo de El Debate súmanlle os habitantes de Ferrol e Betanzos, para poder realizar a comparación.

“Galicia estaba entón, a finais do século XVIII, particularmente poboada. Danse unhas circunstancias que impulsan a demografía, especialmente a rural. É unha poboación nova, cuxa economía se sustenta na actividade pesqueira e agropecuaria. É un momento en que, por exemplo, se implanta o cultivo da pataca e o millo”, explica o catedrático de Historia da Arte da USC, Alfredo Vigo Trasancos, en declaracións a El Debate. A este feito súmalle un sistema de herdanza tradicional baseado na repartición de terras que evitaba a migración, pois a maioría de habitantes dispoñían de terras que cultivar.

Porén, máis alá destas circunstancias, o que realmente impulsou o crecemento demográfico foi a industrialización da Coruña e Ferrol. No século XVIII a cidade herculina pasou duns 7.500 habitantes a 15.000 nos primeiros anos do século XIX, mentres que Ferrol medrou de 1.500 a 25.000. Así, o que hoxe en día é a provincia de Coruña, chegou a sumar 426.239 persoas no 1787.

A construción do Arsenal e dos estaleiros de Esteiro, a onde viñan traballar persoas de Cantabria, do País Vasco e Cataluña atópase detrás do aumento poboación. A isto súmaselle a instauración de Correos Marítimos na Coruña no 1764, converténdose así a cidade nunha das principais para o comercio con América e rompendo o monopolio que tiña Cádiz na relación coas terras do outro lado do Atlántico.

“Galicia xa no século XIX queda totalmente desconectada da actividade industrial que van ter outras zonas costeiras, como Asturias, País Vasco ou Cataluña. Galicia case non ten industrias potentes e eles en cambio si: téxtil, carboeira, siderúrxica”, explica Vigo Trasancos, “Quédase estancada nunha actividade pesqueira e agropecuaria e polo tanto queda fóra do tecido da Revolución Industrial”.

No 2021, a provincia da Coruña rexistrou 1.120.134 habitantes, ocupando o posto 37 do Estado en canto a poboación. Que a Revolución Industrial non chegase a producirse en Galicia, así como unha forte centralización de España son as causas de que A Coruña non seguise o crecemento da poboación que si experimentaron outras rexións. Artigo completo en El Debate.

 

   
 

¿Por qué la actual provincia coruñesa era la más poblada de España en 1787?

Rubén Ventureira

Las decisiones políticas de los Borbones, la pujanza del Arsenal de Ferrol y hasta el sistema de herencias expli...

[Fonte: www.historiadegalicia.gal]

 

 

https://sephatrad.blogspot.com/2022/07/1787-cando-coruna-era-provincia.html